O recentemente reinaugurado Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, presenta notorias deficiencias canto a accesibilidade e barreiras arquitectónicas para personas con mobilidade reducida.
Concretamente:
• carece de acceso sinalizado para as prazas de aparcamento reservadas ao minusválidos
• non ten rampa para acceder á beirarrúa na zona de aparcamento prevista para minusválidos
• ten un acceso adoquinado ata ao edificio principal do Museo que fai extremadamente dificultoso o desprazamento, sobre todo en dirección ascendente. Resulta penoso facer un percorrido en cadeira de rodas sobre unha superficie tan irregular, sen que haxa alternativa algunha.
• igualmente, o acceso ao Acuario sobre o peirao está pavimentado co mesmo tipo de adoquíns, que xenera unha superficie totalmente irregular e dificulta o desprazamento de todo tipo de cadeiras de rodas (e sillas de bebé).
• non existen rampas para cadeiras de rodas nos accesos ós distintos edificios (salvo no acceso ao edificio principal) do complexo do Museo. Todos eles presentan un escalón de máis de 15 centímetros.
Á vista de todo o anterior
Solicito información sobre os trámites seguidos para habilita-la licencia urbanística do devandito edificio do Museo do Mar de Galicia, considerando que esta xerencia é a instancia responsable de mante-la legalidade no que se refire á normativa vixente sobre Accesibilidade e Supresión de Barreiras.
(continuará...)
27 diciembre 2007
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)